Na primeira xornada do Campeoanto de España de Comunidades xuvenís que
se celebra en Valaldolid, a gran noticia foi o concurso de triplo salto onde uan vaz máis Ana Peleteiro Brion do Barbanza realizou un segundo salto de 13,09 metros, o que supón unha nova mellor
marca nacional e galega esegunda marca mundial do ano. A representación galega esta tendo un bo campionato e tras a dispusta desta xornada marca en sexta posición en homes e quinta en mulleres.
Aparte de Ana, citar os postos conseguidos por Gonzalo Basconcelos en 2000 Obst., ao vencer cun rexistro de 6.01.72; segundo posto para Ivan Rodriguez Maceiras en lonxitude con 6,84 metros e os
terceiros de Lida Fernandez Abuin en disco con 34,94 e Marta Lolo Belo con lonxitude con 5,56; cuarto lugar para Antia Martinez Queimaño en valos con 14.71.
A falta da xornada do domingo a Selección en mulleres ten opcións de conseguir medalla de bronce e os homes de mellorar o noveno posto do ano anterior
Xornada Domingo
Na xornada final a Selección Galega de homes fíxose coa sexta posición e as
mulleres lograron a septima.
A nivel individual unha vez destacar a Belén Toimil Fernandez do Naron en lanzamento de peso cun bo rexistro de 13,02 metros, foi a vencedora da proba.
Tanto en homes como o mulleres as substitucións de 4x 100 foron un lastre para a nosa Selección pois ambos non puntuaron o que influíu nunha mellor clasificación en mulleres. Finalmente Galicia
acadou un bo posto na clasificación final por autonomías, en homes clasificouse en 6ª posición por detrás de Castilla León, mentres que en mulleres finalizaba na 7ª
posición a tan só 5 puntos da Comunidade de Madrid.
Aparte dos atletas mencionados sobresaíron Andres Esteban en xavelina mellor marca persoal (49.49) e mínima para o Campionato de España. Mellor marca para Alejandro Ríos no 100 con 11.39. Antía
Martínez mellorou a súa marca con 14.66 (semifinais) e uns problemas físicos lastrárona na final. Ivan Rodriguez Maceiras co seu salto de 6,84 mellorou en máis de 50 centímetros a súa mellor marca
desta tempada. Simón Acuña tambien mellorou a súa marca ao lanzar o peso a 13,26.
Parabén a todos os integrantes da Selección Resultados