Resultados

Campionato nacional de clubs:Os equipos galegos afrontan a segunda xornada con distintos obxectivos

Aínda que en todos os casos o resultado ideal pasa por ocupar unha das dúas primeiras prazas en cada cuadrangular, os seis equipos galegos que participan este fin de semana na Liga de clubs parten de diferentes posicións.
En División de Honra, a Sociedade Ximnástica de Pontevedra loitará por meterse na terceira xornada, para pelexar polo título, en Alacante. A outra cara na máxima categoría é a do Ría Ferrol feminino, buscando eludir o descenso en Durango. Tamén xogándose a permanencia os atletas do Ourense Academia Postal, en Burgos.
En Primeira División, a ilusión está nas filas célticas, buscando o pase á terceira fase, a do ascenso. O Real Club Celta compite en Zaragoza e o Feminino en San Sebastián. As mozas do Ourense defenderán a súa praza en Primeira en Mataró (Mais información)

Compartir: