O pasado sábado dia 7 de maio tivo lugar na localidade de Arca-Pedrouzo a VIII Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino. O evento organizado por este concello, contou ca dirección técnica da Delegación de Atletismo da FGA. A competición estivo formada por numerosas probas nas que participaron dende atletas prebenxamíns ata veteráns. Perto de 600 atletas confluiron nesta localidade que xa goza dunha tradición no eido do fomento da práctica de atletismo, lembremos que este concello é tamén organizador da Milla Urbana Concello do Pino. A clasificación absoluta foi liderada polo marroquí Hassan Lekhili que cun tempo de 24,51 minutos impúxose ao atleta internacional Pedro Nimo del Oro (24,58 minutos) e Robertas Geralavicius (25,07). A proba contou cun excelente nivel de atletas, destacando tamén a presenza de importantes fondistas como Akka Essadoui, Juan Pablo Fernandez, ou Iván Iglesias. No trocante á categoría feminina, victoria para Patricia Mendes (29,17 minutos), moi preto desta atleta cruzaba a liña de meta a internacional Paula Mayobre (29,28) seguida de Noemi Villar, natural de Castilla e León, que paraba o crono en 30,04 minutos. Maila que a choiva fixo a súa presenza, o evento non perdeu en ningún momento o bo ambiente reinante entre as persoas que se achegaron ata alí.(Resultados)