Resultados

II Xornada Circuíto Galego: Dous minimas mundiais xuvenís e record galego

O sábado no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, celebrouse a segunda xornada do Circuíto Galego en pista conxuntamente co Criterium Galego de Combinadas e o Campionato Galego de Pentathlon venteranos.
A xornada desenvolveuse cun tempo inestable e ao final da mesma uns fortes ballóns de auga afeo un pouco a competición
Das diversas probas do Circuíto destacar a actuación da atleta do Narón Belen Toimil Fernández no lanzamento de peso, Belén fixo un gran concurso e en cinco dos seis lanzamentos excedeu os 13 metros sendo o quinto o mellor con 13,69 que lle serviu para facer a minima para o mundial xuvenil a celebrar o proximo mes de Xullo en Lille (FRA) e minima para o de España Absoluto, e mellorar a mellor marca galega da categoria que estaba en posesión de Eva Costas desde o ano 2008.
Tamén citar a boa actuación do novo atleta do Real Club Celta , Gonzalo Basconcelo que gañou con autoridade os 2000 obstaculos cun bo crono de 6.00.47 e lograr a minima para o mundial da categoria.
En resumo boa II xornada con marcas interesantes Resultados

Compartir: