A Delegación de Atletismo de Lugo acolleu no pasado sábado cun gran éxito de participación e organización o XXXIV Memorial Gregorio Pérez Rivera en xornada de mañá no Estadio que leva o seu nome en Lugo. Con máis de 170 atletas inscritos nunha xornada atlética na que o tempo acompañou fixéronse importantes rexistros atléticos. Destar a victoria no lanzamento de xavelina de José Manuel Vila Cedrón (Playas Castellón) que lograba unha boa marca de 65,73 m, nunha das súas primeiras competicións da tempada. Disputada carreira dos 110 m.v. xuvenil onde Miguel Pérez Vázquez (SF Lucus Caixa Rural Galega) lograba a victoria cun magníficos 15″23 e segundo era Davíd Barreira Randulfe (ADAS O Barco) con 15″53 (ambos por debaixo da mínima para o Campionato España Xuvenil) mágoa do vento ilegal de +3.0. Gran carreira tamén a dos 400 m.l. onde a victoria era para o xuvenil Juanjo del Río Ruiz-Gimenez (SF Lucus Caixa Rural Galega) cunha marca de 51″60 mínima para o Campionato de España Xuvenil. Nos 200 m.l. era Rodrigo Avellaneda García (Atletismo Coruña Comarca) o que acadaba a victoria cunha marca de 21″93 mellor marca de tempada e mínima para o Campionato de España Xunior. No triple salto mulleres, a victoria foi para Marta Lolo Bello (Atletismo Coruña Comarca) con 11,51 m, tamén mellor marca da tempada e mínima para o Campionato de España Xuvenil. E finalmente Patricia Carballo Penas (Atletismo Coruña Comarca) realizaba unha boa marca nos 100 m.l. pese ao vento encontra (-2,5) e facía 12″76. (Resultados)