Resultados

Campionato Galego de Clubs: Ourense Academia Postal e Ria Ferrol vencedores

O equipo masculino do Ourense volveuse a proclamar Campión Galego Absoluto por equipos na competición disputada na xornada de hoxe nas pistas Josefina Salgado de Monterrey. Os atletas impuxéronse con claridade á Sociedade Ximnástica de Pontevedra por 141 puntos contra 117,5 puntos. Completou o podio o ADAS do Barco con 98 puntos.
En mulleres volveu repetirse o podium do ano anterior e pouco puideron facer ante o poderío do Ría Ferrol, que venceu con 153 puntos, ,logrando a segunda posición o Ourense Academia Postal con 138 puntos. En terceira posición situouse o Atletismo Feminino Celta, con 114 puntos, en dura pugna co Lucus, que acabou con 113 puntos.
O Ourense dominou tamén a clasificación conxunta “oficiosa”, sumando os puntos de ambos os combinados

A nivel individual destacar unha vez máis a xuvenil Ana Peleteiro que logro un fantantisco salto en triplo con 12,79 metros logrando o récord de de España Xuvenil ao aire libre e engadir ao seu brillante palmares. Ana xa poseia o nacional de pista cuberta con 12,70 logrado en Zaragoza no pasado Campionato de España.
As vencedoras individuais foron: Patricia Carballo en 100 con 12.49;Esperanza Caldas en 200 (26.63); Lida Casal en 400 (58.66); Iria Castro 800 (2,18.07); Belit Soler – 1500 (4.35.60); Esther Navarrete 3000 (9.56.07); Antia Martinez 100v (15.33); Jessica Rial 400v (1.07.48); Raquel Suarez 3000 Ob. (11.27.51); Rocio Carbia 5 Km. (24.43.33); Letica Gil en lonxitude (5,49); Ana Peleteiro triplo (12,79); Paula Ferreiros – Altura (1,70); Beatriz Viteri – pértega (3,50); Elena Estevez – peso (11,57); Belen Toimil – disco (40,80); Lida Parada – xavelina (45,61) a 24 centimetros da súa mellor marca de 45,85; Noelia Ferradanes -martelo (44,25).
En homes os vencedores foron. Chinedu Patrick – 100 (11.00); Rodrigo Avellaneda- 200 (22.30); Diego Curral -400 (50.98); Ismael Costas -800 (1.58.26); Ignacio Garcia – 1500 (4.25.13); Hassan Lekhili -3000 (8.33.45); Denis Galan – 110v (15.47); Ignacio Sarmiento – 400v (52.73); Nicolas Arroxo -3000 Obs. (9.34.66); Francisco Durán – 5 Km. (23.32.31): Jose Paslomanes -lonxitude e triplo con 7,19 e 15,62; Ivan Valle – Altura (1,92); Santiago Ferrer . pertiga (4,20); Victor Galego en peso e disco con 15,17 e 48,54: Gustavo Dacal – Xavelina (66,56) e Andre Fernandes – martelo (61,49)
En relevos de mulleres o vencedor foi o Ria Ferrol en 4×100 e 4×400 con 49.63 e 4.02.61 e en homes o 4×100 resulto vencedor o AC Afflelou de Naron con 43.45 e o Ourense Academia Postal con 3.23.20 fíxose co 4×400 metros Resultados Galeria de Fotos xentileza de Beatriz Viteri (PINCHAR )

Compartir: