A FGA estivo traballando arreo toda a semana para producir o segundo programa do atletismo galego “Citius, Altius, Fortius”. A TVG2 xa incorporou na súa programación a data da emisión deste segundo programa, estando previsto para este domingo ás 11:02, salvo cambio de hora por parte desta canle de televisión. Nesta entrega, haberá un especial do Cto. de España de 10.000 metros, da Media Maratón Vig-Bay, resumo dos campionatos de España de inverno, reportaxe sobre deporte e saúde, entrevista ao presidente do Club SGPO, actuacións dos atletas galegos en competiciósn internacionais e moitos contidos mais. No cho podes perder!, o domingo ás 11:02 horas! (Ver programación TVG2)