Resultados

Fase Autonomica Xogando ao Atletismo

Hoxe a mañán disputouse, no pabillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, a Fase Autonómica do Xogando o atletismo organizado pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de atletismo. Forón 175 rapaces, de entre os 8 e os 12 anos, os que se achegaron dende as catro provincias galegas para disputarse o Campionato galego clasificatorio para o nacional que este ano disputarase en Puertollano (Ciudad Real).
Os atletas disfrutaron dunha xornada lúdico-deportiva que se desenvolveu cos ánimos dende unha bancada chea.
Os gañadores da Fase Autonómica do Xogando o atletismo foron na categoría benxamín feminino o Colexio Santiago Apostol de Soutomaior con 121 puntos seguido do Colexio Compañía de María da Coruña e o Colexio Franciscanos de Lugo. Na categoría benxamín masculina os vencedores foron os rapaces do Colexio Compañía de María da Coruña con 122 puntos seguido do Colexio Perez Viondi da Estrada e o Colexio Franciscanos de Lugo.
Os alevíns que gañaron e conseguiron a clasificación para o Campionato de España de Jugando al Atletismo foron, na categoría feminina o Colexio San Narciso de Marín con 131 puntos seguido do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa e o Compañía de María da Coruña e na masculina o Colexio Santiago Apostol de Soutomaior con 134,5 puntos seguido do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa e o Colexio Manuel Suárez Marquier do Rosal.
Unha mención especial o Colexio Bibei de Viana do Bolo que foi o colexio que máis kilómetros percorreu para participar neste campionato.

Compartir: