A Escola Naval de Marín e o Atletismo Galego disputaron un torneo amistoso

Nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, disputouse o pasado venres día 8 de abril un encontro amistoso entre unha representación do combinado galego e unha nutrido grupo da Escola Naval de Marín. A través de este encontro fusionanse os valores que tanto unha entidade como a outra promoven, a disciplina, o esforzo, o compañerimos, entre outros. O combinado galego obtivo un total de 52 puntos e os alumnos da Escola Naval acadaron un total de 37 puntos, intercambiando posteriormente os trofeos outorgados. O acto contou ca presenza do comandante director da Escola Naval e membros da Xunta Directiva da FGA.

Compartir: