Resultados

Boa actuación dos marchadores galegos en Rio Maior: Rocio Carbia, minima europeo junior con 51.30 en 10 km.

Na localidade portuguesa de Rio Maior celebrouse a XX Edición do GP Premio Internacional de Marcha atletica e os marchadores galegos completaron unha moi boa actuación e a Escola Galega de Marcha brillo neste GP.
O club atletismo Cuntis foi o protagonista ao ser campeon por equipos en promocion ( 2 km e 5 km ) ,clasificacion conxunta ,homes e mulleres , tanto na proba de 2 km como na de 5 km , sendo o Celta segundo e o Vila de Cangas terceiro nos 5 km.
A cuntiense Rocio Carbia Lojo ,que milita no Ourense Academia Postal foi a campioa nos 10 km marcha junior cun mellor crono persoal de 51.30 (marca minima para o campionato de europa junior ) . Pola súa banda a infantil cuntiense Carmen Escariz Mella foi a vencedora infantil cun sobresaliente crono persoal de 26.17 nos 5 km marcha ( borrando do mapa a anterior mellor marca galega ,que estaba en poder de Eva Iglesias en 27.48 desde 1996 en Vigo ) carmen igualo o record de españa infatil ,en poder de Polo Romeu,realizado no 2006 .Tamén mellora marca galega Noa Ramirez do Cuntis en 2km. en categoria alevin ao parar o corno en 12.19 Resultados

Foto: Manuel Teijeiro

Compartir: