Resultados

Boa actuación galega no Nacional de 10.000 metros

Nas pistas do Centro de Tecnificación de Pontevedra celebrouse o Campionato de España de 10.000 metros que contou coa presenzas dos atletas galegos Carlos Villamor, Erea Rodriguez e Yolanda Gutierrez.
Os titulos foron para Ricardo Serrano cun rexistro de 28.42.91 e Isabel Checa con 32.48.76. Carlos Villamor e Erea Rodriguez fixeron un bo campionato, logrando ambos rebaixar os seus rexistros. Carlos parou o crono en 29.52.54 e Erea en 34.57.00 rebaixando a súa marca en mais dun minuto no seu segundo 10.000 metros.Yolanda Gutierrez viuse obrigada a retirarse debido a molestias.
Así mesmo, logo de trece anos disputar o Trofeo Ibérico entre España e Portugal, con vitoria para os portugueses. Os vencedores foron o kenyano Vincent Rono 27:52.19 seguido de Rui Silva 27:53.55 e en mulleres, triunfo da kenyana Vivian Cheruiyot 31:07.02 seguida da portuguesa Doce Felix 31:33.42. Resultados

Compartir: