Exito do I Circuito de marcha en pista 2024

Herminia Grande do Ourense Atletismo e Juan Manuel Morales del Castillo do Marineda, resultaron gañadores absolutos da I Edición do Circuito Galego de Marcha levada a cabo esta ano 2024.

O circuito formado por un total de seis probas, daba comezo o pasado febreiro ca celebración da primeira proba correspondente ao Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta disputado en A Pobra. A ela seguíronlle o Trofeo marcha en ruta Concello de Ames en marzo; o Trofeo marcha en pista de O Cervo en abril; O Trofeo Marcha en pista de Santiago e Memorial Josefina Romero en maio, rematando este 2024 o pasado sábado ca celebración do Campionato Xunta de Galicia invernal de pista en Pontevedra.

Foi precisamente nas pistas do CGTD, e coincidindo con esta última proba, donde se fixeron entrega dos distintos trofeos aos gañadores deste circuito nas súas distintas categorías. Compre salientar a participación nas premiacións do marchador diploma olímpico en Atenas, Santi Pérez que quixo compartir a xornada e apoiar esta iniciativa levada a cabo a instancias do actual presidente Iván Sanmartin, quen xa prometera no seu programa electoral a elaboración para este 2024 do mesmo.

Precisamente desde a Federación Galega quíxose recoñecer con sendas placas tanto a Santi Pérez pola súa traxectoria atlética como á responsable de marcha da FGA  Mayka Jueguen como artífice de botar a andar esta primeira edición, o seu gran traballo a prol da promoción da marcha galega.

Compartir: