O pasado luns 21 de marzo tivo lugar no Auditorio de Galicia a entrega de Premios Galicia de Xornalismo Deportivo 2010 outorgados pola Federación Galega de Prensa Deportiva. A Federación Galega de Altetismo foi galardoada na modalidade de internet. Ao acto asistiron numerosas personalidades do ámbito político e da prensa deportiva de nivel nacional. Entre eles atopábase Jose Angel de la Casa, que foi distinguido co galardón Enrique Mariñas. Ata alí desprazáronse varios compañeiros da Federación para recoller o premio, Isidoro Hornillos, presidente da FGA mostrou a súa gran satisfacción con este galardón e agradeceu, públicamente, a todolos membros do tribunal a confianza depositada no traballo de deseño e actualización de contidos feito polas persoas que integran a FGA. (Foto: Álvaro Ballesteros. La Voz de Galicia)