Resultados

Campionato España Junior: Leticia Fernandez OURO; Rodrigo Avellaneda, Alicia Merino e Yuliana Velazquez PRATA

Na xornada de hoxe Alicia Merino Pérez do San Fernando Lucus proclamouse sub-campioa da combinadas cunha puntuación final de 3.356 puntos. Alicia quedo a 40 puntos de mellorar a marca galega de 3396 que ostenta Maria Jesus Lestayo desde o ano 1995. O seu rexistro na última proba de 2.44.17 en 800 foi unha pequena decepcion e afastouna de bater a marca galega,
Esta marca vén demostrar a súa gran proxección na súa pimer ano na categoria e referenda o titulo de Extahlón conseguido o ano pasado na categoria xuvenil.
Tambien tomou parte Sonia Beceiro do Narón que ocupou a sexta posición cunha puntuación final de 3.173 .

Nesta xornada competiron Leticia Fernandez en 1500 gando a súa serie con 5.02.29, demostrando ser a máxima favorita para facerse co titulo. Boas sensacións de Yulina Velasques que gañou a serie de 800 con 2.19.96 e Rodriguez Avellaneda en 200 con 22.26 igulando a mellor marca galega de Samuel Paz do ano 2009.
Pequena decepción de Carlos Porto que non logrou coarse na final de 1500 ao facer uns discretos 4.09.46 e o terceiro posto da súa serie.Tampouco lograron a finais Jessica Rial en 400 con 1.01.47 ,Francisco Diaz en 800 con 1.57.48
Nas finais disputas Adrian Estevez foi oitavo con 13,09 en peso, Desiree Rodriguez en pertiga con 2,80 e posto 12, Paula Ferreiros con 1,64 e Ana Solla con 1,54 ocuparon o cuarto e septimo lugar

Xornada Domingo:Gran final de Campionato Junior onde a gran favorita na proba de 1500 Leticia Fernandez do Ourense Academia Postal non deu opción e proclamouse Campioa cun rexistro de 4.48.75, entrando en meta con tres segundo sobre a segunda clasificada.
Tambien gran campionato de Rodrigo Avellaneda ao logra a medalla de prata nos 200 metros cun bo rexistro de 22.12, rebaixando o seu rexistro de semifinais de 22.26 e logrando a mellor marca galega da categoria. Nos 800 Yuliana Velasquez non deu a alegria de facerse co mesmo metal cun rexistro de 2.16.85.
Carlos Moro do Riazor Coruña participaba nos 60 valos, pero os seus discretos 8.74 afastáronlle de disputar a final.
Por ultimo citar a Alicia Merino que logo da súa brillante participación en pentatlón o sabado, tomo parte na lonxitude cun sexto posto e unha marca de 5,43 metros Resultados

Compartir: