María Martínez e Rubén Insua suben ata o máis alto do podio galego

María Martínez do Atletismo Porriño e Rubén Insúa do Atletismo SAR proclamáronse esta fin de semana campións autonómicos absolutos da primeira edición correspondente ao I Campionato Xunta de Galicia de subida vertical levada a cabo no Concello de Vilamartín de Valdeorras baixo un desnivel de 1015 m.

Xunto aos gañadores absolutos estiveron compartindo zona de podio Tamara García do C.D.Biosbardo e Rosa María Araujo do Burgas Ourense así como Marcos Pascual do C.D.Biosbardo e Alejo Ares do ADAS CUPA.

No resto de categorías compre salientar os títulos autonómicos logrados por:

  • Sub23. Pablo Fernández (At. Ribadeo)
  • Máster35. Rosa María Araujo (Burgas Ou.) e Alejo Ares (ADAS CUPA)
  • Máster40 Lucía Peón (At. Arenteiro) e Marcos Antonio Pascual (Biosbardo)
  • Máster45. Sonia González (Ribadeo) e Federico Losada (Biosbardo)
  • Máster50. María Aurora González (Pinarium) e Emilio Montilla (Biosbardo)
  • Máster55. Raquel Estévez (Pinarium) e Adolfo Garrido (Burgas Ou.)

Tamén houbo campionato para as categorías de promoción de medio vertical sobre un desnivel de 1.000 m. e sobre unha distancia de 2.100 m. e cuxas gañadoras e gañadores foron:

  • Sub20. Julia Salvado (S.D.Compostela) e Kevin López (Ribadeo)
  • Sub18. Alba Buján (S.D.Compostela) e Brais García (Ribadeo)
  • Sub16. Lucia Taboada (S.D.Compostela) e Miguel Angel Castro (At. Serres)

 

 

Compartir: