Todo a punto para que San Martín de Valdeorras reciba esta fin de semana a primeira edición correspondente ao Campionato Xunta de Galicia de Subida vertical que coincidirá ca I Carreira Vertical Valdeorras de carácter popular.
Nesta edición autonómica tomarán parte varios dos atletas do C.D. Biosbardo que lograron subir ao podio no recente Campionato do Mundo celebrado en Canfranc. Entre eles se atopan Emilio Montilla na categoría M50, campión mundial por equipos na modalidade Long Distance; Federico Losada na M45, subcampión mundial na Long Distance así como Enara Fernández na F35 e subcampioa mundial por equipos na Classic 17K.
A maiores tamén estaremos moi pendetes do que poidan facer Raquel Estévez do Pinarium na F55; Alejo Ares do ADAS CUPA na M35; Tamara García do C.D. Biosbardo na categoría senior; Carla Trillo do Ría de Foz na F40; Rubén Insúa do At. Sar na senior; Iván Sangiao do C.D. Biosbardo na M35 ou María Martínez do At. Porriño na categoría senior entre outros e outras.
As probas darán comezo as 10:00 horas ca saída da vertical sobre unha distancia de 4.200 m. para os atletas absolutos, Sub23 e máster, sendo as 11:00 horas acando principien os Sub16, Sub18 e Sub20 sobre 2.100 m.