Este sábado partirá hacia Haro o autobús cos integrantes da selección galega de campo a través. A localidade rioxana acollerá o XCIII Campionato de España de Campo a través. Neste importante evento participarán os mellores fondistas españois. Galicia acude con importantes baixas de última hora en algúns dos seus equipos.A pesar destas ausencias, as seleccións estarán ben defendidas, especialmente o equipo senior masculino, que contará ca participación de Lolo Penas, Hassan Lekhli, Gustavo Platas, Pedro Nimo, Jesús de la Fuente, Manuel Hurtado, Carlos Villamor, Juan A. Pousa e Rafael Fuentes, sen dúbida algunha un equipo moi forte e competitivo. Nas féminas destacar o equipo senior que, maila baixa de Natalia Raña, contará con importantes atletas como Patricia Mendes ou Marta Fernández. Tamén Galicia espera facer un moi bo papel nas promesas femininas, ca presenza das internacionais Sandra Mosquera, Paula Mayobre e Esther Navarrete, e no equipo junior salientar a ourensana Leticia Fernández. (Mais información campionato) (Seleccion galega)