A marcha galega cítase no CGTD o vindeiro 16 de novembro

O vindeiro día 16 de novembro as pistas do CGTD de Pontevedra acollerán o Campionato Xunta de Galicia de marcha en pista baixo o patrocinio do Concello de Pontevedra, e ca asistencia confirmada da marchadora olímpica Antía Chamosa así como a do tamén internacional Dani Chamosa quen xunto a presenza do ex-marchador olímpico, e un dos responsables da marcha na RFEA Santi Pérez, serán as cabezas visibles desta edición.

Esta proba ademáis, pecha unha das medidas programáticas do actual mandato presidencial que foi o de organizar o I Circuito Galgeo de Marcha, e que logo das probas disputadas en A Pobra, Ames, A Coruña, Cervo e Santiago, pecharase en Pontevedra ca entrega dos distintos trofeos.

Diversas categorías

Nesta edición, tomarán parte os máis importantes marchadores da nosa comunidade en cada unha das súas categorías. Ademáis dos xa citados, tamén poderemos contar ca presenza de Iván Morales del Castillo do Marineda At. , un dos atletas con máis títulos internacionais do noso deporte na categoría máster, estando pendentes da confirmación da internacional Aldara Meilán da Atlética Lucense.

As categorías participantes irán desde os Sub10 ata as máster, sendo o comezo das probas as 10:00 horas cos Sub14 para rematar ás 13:15 horas ca posta en marcha das categorías absolutas.

Compartir: