Resultados

Criterium de Lanzamentos de Inverno no Barco

O domingo dia 27 nas pistas de Calabagueiros do Barco celébrase o Criterium Galego de Lanzamentos de Inverno.
A competición dará comezo ás 11 horas co martelo de mulleres, finalizando ás 18 horas co peso e xavelina mulleres.

Mencionar a falta dos atletas de nivel nacional que competiron o pasado fin de semana en Pontevedra e moitos xa lograron as marcas minimas nacionais das súas categorias,
Entre os inscritos destacar a presenza de Manuel Uriz, actual campión de España Promesa e cunha mellor maca persoal de 72,01 metros en xavelina. Tamén na xavelina estará Lida Parada actual campioa de España Xuvenil cunha mellor marca de 44,06. (actual mellor marca galega xunior conseguida o pasado dia 19 en Portugal)
Ambos os atletas foron recentemente seleccionados pola RFEA para formar parte da selección española que viaxase ata Hamburgo o proximo dia 5 de marzo no encontro internacionald e lanzamentos.

A parte das probas de lanzamentos celebrarase as 16.20 horas unha carreira de 800 metros homes e as 16,25 un 1500 metros de mulleres.

inscritos Horario

Compartir: