O Atletismo Sada sube ao podio en Durango

Importante presenza de varios clubs galegos esta fin de semana nas distintas competicións levadas  a cabo a nivel estatal.

Os equipos femininos Sub20 tomaban parte tanto en Bugos, ca presenza na final B1 do Lucus Caixa Rural Galega, como en Madrid onde acudía o Ourense Atletismo á final A.

Foi precisamente este último club quen colleitaba un posto de finalista na clasificación cunha suma total de 62 puntos en parte grazas aos triunfos individuais colleitados por Leyla Villar nos 3.000 m. con 10:36.25 e de María Estévez nos 2.000 obstáculos cun crono de 7:17.48.

Na final B1 de Burgos, as lucenses do LUCUS sumaban ata a cuarta posición sendo os triunfos parciais para Paula Conde nos 200 m. con 26.41 e Estela Díaz nos 1.500 con 5:06.09.

Campionato de España por equipos máster mixto

A localidade vasca de Durango tamén foi outro dos puntos nos que contou con presenza galega. En concreto ata Euskadi desprazáronse o Samertolameu de Moaña e o Club Atletismo Sada a tomar parte no Campionato de España máster por equipos

Os mellores resultados lográbao o club das Mariñas que voltaban co terceiro posto logo de sumar un total de 153 puntos polos 108 do Samertolameu que lle daban finalmente o posto décimo primeiro do campionato.

Por parte sadense o máis salientable foron os primeiros postos por coeficiente de Juan Luis Paz na proba dos 100 valos, José Alfonso Palomanes en triplo, Raul Pagán en xavelina e o equipo de relevos dos 4×100 m

Por parte do Samertolameu foron tamén destacados os postos de honra de Javi Viteri en disco, Pablo Fervenza nos 3.000 m. con (MMP) e Bea Viteri en pértega.

Compartir: