III Torneo de Lanzamentos

Bo arranque de tempada para os lanzadores galegos que participaron no III Torneo de lanzamentos celebrado o domingo nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra. A cita contou cos mellores especialistas de todas as categorías, xa que as mínimas de participación eran esixentes, equiparables ao nivel nacional. As condicións metereológicas, con fortes choivas, influíron nos resultados.
O deca-campión de España, Gustavo Dacal (S. Ximnástica de Pontevedra), impúxose en lanzamento de xavelina, con 69.01m. O mellor nivel se vió na proba de martelo de 7.240kg, na que Isaac Vicente (Maratón) lanzou 66.35m e o promesa Pablo Denís (Maratón) fixo marca persoal con 59.28m, seguido por David Rocha (SGP), 55.11m.
En categorías menores, lográronse varias mínimas para os campionatos nacionais, especialmente entre os martillistas: Laura Graña (AF Celta), 41.74m, e Santi Navarro (San Narciso), 55.17m, ambos os junior. O xuvenil Luís González (San Narciso), 59.16m e o cadete Sergio Paredes (Cuntis), que con 56.20m colócase no segundo posto do ranking nacional.
En disco, tamén mínimas nacionais, a atleta xuvenil Ana Ezquerdo (AF Celta), 32.22m, mentres que Lida Fernández (OAAP) quedou ás portas con 31.86m e mínima junior Adrián Estévez (San Narciso), 43.25m.
En disco absoluto, destacou David Fernández (OAAP), 45.80m. Entre os veteranos, triunfo de Carlos Ferrer, en martelo, 43.63m.
A próxima cita será o domingo 27, no Criterium Galego de Lanzamentos a celebrar no Barco

Compartir: