Aprobado o proxecto de orzamento para o 2011 na Asamblea Xeral da Federación Galega de Atletismo

Tras unha intensa xornada con perto de 10 horas de reunións das distintas comisións, Xunta Directiva, Comisión Delegada e Asemblea Xeral, aprobáronse no día de hoxe os orzamentos para o ano 2011, a liquidación definitiva do ano 2009, a liquidación provisional do ano 2010 e o calendario de competicións. Un total de 35 membros da asemblea achegáronse hoxe ata Santiago para debatir e traballar en pro do atletismo galego. A asamblea contou cunha maior participación ca dos últimos anos, nela déronse cita representantes de clubes, atletas, xuices e adestradores de toda Galicia. O presidente anunciou que a Federación Galega de Atletismo está a traballar moito en pro do atletismo galego, informou de que é unha das únicas federacións de atletismo que repartiu 50.000 euros en becas a atletas, informou que en breve se publicarán as bases dun proxecto no que xa se levan varios meses traballando, trátase do I Circuito Galego de Atletismo en pista, con importantes premios en metálico para os gañadores do mesmo, tamén sinalou que se fixeron xestións con distintas cadenas de televisión para que o atletismo galego poida disfrutar dun programa de televisión semanalmente, sendo a propia federación quen asuma todo ise traballo. En definitiva, que pese a crisis reinante no pais, o atletismo galego segue a traballar arreo fortalecendo a súa actividade. A Federación Galega de Atletismo desexa agradecer a todalas persoas que participaron nestas xuntanzas o seu apoio e traballo realizado.

Compartir: