Inauguradas as pistas de A Estrada

Xa é toda unha realidade. Desde onte quedan oficialmente inauguradas as pistas de atletismo de A Estrada que dotarán dunha importantísima infraestructura a todo o gran tecido atlético da comarca. Desde fai anos, este tiña sido a principal reivindicación do importante número de atletas, clubs e escolas que ata o momento non podía desenvolver axeitadamente o seu traballo.

Ao acto de inauguración acudiron entre outros o Presidente da FGA de Atletismo Iván Sanmartín xunto ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; o Presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López;  o Secretario Xeral para o deporte José Ramón Lete; o Conselleiro de Cultura Lingua e Xuventude, Jose López Campos (ex-alcalde de Estrada) e o rexidor municipal estradense Gonzalo Louzao quenes celebraron a súa posta en marcha. O biolimpico e campión de Europa Adrián Ben, tamén estivo presente neste acto de inauguración.

Esta nova pista de atletismo xurde da colaboración entre as administracións autonómicas, provinciais e municipais a través do programa ReacPon para excutar un proxecto valorado en 1,3 millóns de euros e que consistiu no aproveitamento dun terreno en desuso da contorna da Academia Galega de Seguridade 

Ademáis da pista de aire libre,  durante o acto sinalouse que xa  teñen comezado as obras do módulo cuberto que completará a gran infraestructura estradense.

Compartir: