Resultados

XLVI Campionato de campo a través por clubs

O sector do fondo galego estará amplamente representado no Campionato de España de campo a través que se disputará o domingo 13 en Punta Umbría, Huelva. Case trinta equipos diferentes, pertencentes a unha ducia de clubs das catro provincias, e de todas as categorías. A todos eles hai que sumar a presenza de atletas galegos que militan en clubs doutras autonomías, como Lolo Penas, do Kafewake Li Ning Gu, ou Mª Jesús Gestido no Fuerteventura.
Os últimos éxitos do atletismo galego nesta proba chegaron da man das cadetes do Val Miñor, ouro en 2009 e o San Miguel de Oia junior, bronce en 2010.
A proba servirá de ensaio para o Campionato do Mundo da especialidade a disputar no mesmo escenario o 20 de marzo

Mais información

Compartir: