O módulo cuberto do Pavillón dos Remedios en Ourense será o escenario do
Criterio de Inverno de saltos que se celebrará o sábado en dobre xornada de mañá e tarde. O sector de saltos está sendo nas últimas tempadas un dos referentes de éxito do atletismo galego. Como
mostra, resaltar que na primeira cita nacional baixo teito deste ano, o Campionato promesa celebrado en Sevilla, catro das sete medallas dos federados galegos foron en saltos.
Entre os inscritos, destacar a presenza de Jean Marie Okutu, bronce nacional absoluto en 2010, en salto de lonxitude, como preliminar á súa participación no Campionato de España absoluto en
Valencia a semana próxima; tamén dous medallistas de bronce en Sevilla: Lucía Pérez, en triplo salto, cunha marca de 12.05m, buscando os 12.25m que lle dan acceso a devandito nacional e Santiago
Ferrer, que tras conseguir a medalla en heptatlon, participará en salto con pértega, unha das probas nas que mellor se defende en combinadas e na que parte con 4.45m feitos esta tempada. Destacar
tamén a Beatriz Viteri, 3.56m en salto con pértega e Paula Ferreiros, en altura,1.61m, actuais campioas galegas absolutas nas súas respectivas probas Inscritos Mas Información