Resultados

Pontevedra acolle este domingo día 13 o Campionato Galego de Marcha en ruta

Este domingo celebrarase en Pontevedra o Campionato Galego de marcha en ruta. A competición organizada pola Federación Galega de Atletismo a través da súa delegación pontevedresa, contará co apoio do Concello de Pontevedra e a Diputación Provincial de Pontevedra, entre outros organismos. O evento acollerá aos mellores atletas galegos de marcha nas distintas categorías, dende alevín ata seniors.Ás 11 horas terá lugar a carreira de 3 km (alevin e infantil homes e mulleres), ás 11:30 comezará a carreira dos 5 km marcha da categoría cadete (en ambos sexos), posteriormente ás 12:10 participarán os benxamíns na proba de 2 km, e por último terá lugar ás 12:30 horas a carreira dos 10 km, na que que participarán as seguinte categorías xuvenil, junior, promesa,senior e veteráns(tanto en homes como mulleres). A presentación oficial do evento terá lugar na sede da Diputación Provincial de Pontevedra ás 12:30 horas do venres día 11 de febreiro. O horario presentará lixeiras modificacións respecto ao horario inicial. (Máis información na Circular 4-2011)

Compartir: