O Plan Corresponsables da Federación Galega de Atletismo chega aos centros educativos da man do Piringalla Atletismo e Maxi Rodríguez.
Continúa desenvolvéndose o Plan Corresponsables da Federación Galega de Atletismo en Lugo coa participación de 250 nenos do CEIP Anexa, con diferentes actividades para fomentar a práctica deportiva e promover a conciliación familiar, con especial atención a aquelas familias con menos recursos.
Deste xeito ao longo dos meses de Outubro e Novembro diferentes clubes e centros educativos participarán en actividades de promoción do atletismo tales como yinkanas, xogos e formación en primeiros auxilios por citar algúns, sempre en horario de tarde.
As pistas da Cidade Cultural, ademais das instalacións de varios centros educativos, acollerán a máis de 1000 nenos da cidade de Lugo, que poderán iniciarse na práctica atlética, ademais de disfrutar do deporte dun xeito saudable con este ambicioso plan levado a cabo pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Atletismo, que chegará a diferentes puntos da nosa comunidade.
Nun acto de promoción da actividade participaron o Vicepresidenta da FGA, Suso Vázquez e o coordinador do Plan Corresponsables da FGA, Carlos López, xunto ao técnico lucense da ACD Piringalla Maxi Rodríguez, o director do CEIP Anexa, Iago Corral e a Presidenta da ANPA, Marta Fernández