Carta ao Celta polos seus 100 anos

Fai apenas tres anos, a Federación celebraba  a súa gala centenaria baixo a lembranza e a homenaxe de todas e todos cantos ao longo do seu século de existencia, fixeron posible a súa andaina.

Nos varios actos que se levaron a cabo foi moi curioso observar como en boa medida, parte de todos eles tiñan unha clara e directa conexión co atletismo celeste, en gran parte, grazas a que non se pode entender a historia do Atletismo galego sin a gran aportación, contribución, traballo e logros do Celta Atletismo.

A historia viva do Celta pasa polos grandes mitos do noso deporte. Falar dela é falar por exemplo de Manuel de Castro, impulsor do atletismo na cidade de Vigo nos anos vinte …. é falar dos seus olímpicos: Carlos Pérez, Rogelio Rivas, Ramón Magariños, Javier Alvarez Salgado, Carlos Gayoso, Carlos Adán, David Gómez ou a do noso sempre querido Alejandro Gómez.

Tamén é falar das mulleres, das protagonistas, das pioneiras que fixeron posible que no día de hoxe a paridade de atletas nas nosas pistas sexa toda unha realidade… Estela Estévez, Julia Vaquero e máis recentemente Esther Navarrete.

Non nos esquezemos de todas aquelas persoas que tivemos a sorte de coñecer e de aprender, e que contribuiron ca súa adicación e paixón a este gran proxecto, estamos referindo ao gran Alfonso Posada cuxa figura quedará por sempre vencellada a esta institución.

De igual modo tamén queremos lembrar aos adestradores, presentes e pasados tales como Alfonso Ortega, Antonio Fernández, Eugenio Torres, José Manuel Hermida, Oliva Román ou a do recentemente desaparecido Virgilio González por citar algúns. O seu gran traballo, xenerosidade, paixón e entrega, constitúen o verdadeiro motor deste proxecto, que no día de hoxe continúan un importante número de técnicos.

Outras das pezas fundamentais que queremos destacar é o papel dos presidentes, sempre ocupando un papel invisible pero tremendamente fundamental no porvenir da entidade en todo este tempo. Desde o seu primeiro dirixente Fernando de Castro ataos actuais Jose Manuel Hermida e Pedro Juncal merecen todo o recoñecemento -extensible as correspondentes Xuntas Directivas- pola seu abnegado e encomiable traballo ao fronte dun  proxecto que malia o paso dos anos, comparte un denominador común: a toma de decisións e a sunción de responsabilidades que mas favorezan á entidade.

Cen anos dan para moito, incluso para lembrarnos dos primeiros campións galegos do Celta que no Campo de Coia no ano 1921 tiveron en Carsi, Novoa e Pinilla aos seus primeiros campións, e que 103 despois os seus herdeiros Leiros, Piñel e Bouza,  facían o propio no último campionato autonómico levado a cabo, precisamente en Balaídos o pasado 15 de xuño.

Na media deles, unha importante separación, pero un gran nexo en común que fala de valores, sentimentos e compromiso cunha entidade e un club que forma parte do legado dunha gran cidade que ama, vive e respira unhas cores e un escudo que xa forma parte do ADN vigués.

A admiración e apego pola entidade e por este Concello tamén transpasaría fronteiras facendo que xa no anos sesenta o finés e plusmarquista mundial dos 3.000 m. Jouko Kuha quixera formar parte deste club convertíndose na primeiro dos moitos fichaxes internacionais levados a cabo. Precisamente o último, foi a da francesa pero xa “viguesa de adopción” Alice Finot que lograba o subcampionato de Europa Indoor e nada menos que un diploma olímpico sobre os obstáculos de París.

Celebramos que durante tantos anos un mesmo escudo fora capaz de aglutinar modalidades e sentimentos tan diferentes sobre un mesmo proxecto. Por desgracia non todas as cidades seguiron o mesmo camiño, polo que queremos reivindicar a importancia tanto das políticas municipais como das sensibilidades dunha entidade que neste caso, están sendo capaces conxugar e de apostar por este gran proxecto.

Excusádenos si dentro doutros cen anos non podemos estar con vós celebrando un novo centenario, pero estamos convencido de quenes continúen volverán  sentirse tremendamente agradecidos e sobre todo orgullosas do traballo que está por vir.

Por outro século de éxitos e paixón. Parabéns!

Compartir: