No remodelado Pazo de Deportes de Riazor disputouse no día de hoxe o Campionato
Galego cadete de pista cuberta. Tódalas probas programadas contaron cun alto índice de participación e un destacado nivel dos xóvenes atletas. Houbo tres importantes protagonistas, Patricia
Carballo nos 50 metros lisos que batía novamente o record galego cadete e xuvenil cun mellor rexistro de 6,72, Tambien lograron novas mellores marcas galegas a tamén local do Marineda ,
Eugenia Gil na proba de 300 metros logrando un crono de 43.41 e Pablo Castro Chapela do Vila de Cangas en peso conseguiuno ao lanzar 15,65, superando a anterior
marca en máis dun metro, que poseia Fernando Teijeiro con 13,98.
No resto da probas a gran afluencia de público presente puido disfrutar dunha moi boa xornada atlética de categorías inferiores. Clubes de toda Galicia viaxaron cos mellores atletas para intentar
acadar o maior número de metais neste importante campionato. O acto contou ca presenza do concelleiro de deportes D. Xan Cagigal e o presidente da Federación Galega de Atletismo D. Isidoro
Hornillos Baz.
Os novos campións galegos son: Patricia Carballo e Martin Liste en 50; Eugenia Gil e Alberto Freire en 300; Andrea Martinez e Miguel Otero en 600 e 1000;Ainhoa Portos en 1000; Carmela Cardama e
Iago Setien en 3000; Claudia Rojo e Javier Otero en 50v.; Saleta Fernandez e Dario Costal en altura; Iria Froján e Jorge Moro en lonxitude e tripe; Gracia Rey en triplo;Alicia Casanova e Victor
Branco en pértega;: Raquel Vila e Pablo Castro en peso Resultados