Resultados

Continúa desenvolvéndose o Plan Corresponsables con gran éxito de participación

Co comezo dun novo curso, arrincaron as xornadas do Plan Corresposables que a semana pasada tiveron no concello pontevedrés de Lalín o seu epicentro de actuación baixo a organización do Atletismo Deza e da Federación Galega de Atletismo.

Na mesma, contouse cun importante número de participantes que da man de distintos monitores, tomaron parte en varias actividades organizadas nas que sen lugar a dúbidas, a yincana xigante, fixo as delecias dos máis cativos.

Lembramos que o Plan Corresponsables  é unha nova política pública do Goberno de España que baixo a Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, ten por obxecto iniciar o camiño cara á garantía do coidado como un dereito desde a óptica da igualdade entre mulleres e homes desde un enfoque de garantía de dereitos universais, á marxe da condición laboral das persoas beneficiarias.

Ao longo dos meses de outubro e novembro, os concellos de Ferrol, Foz, Lalín, Lugo, Narón, Ourense, Pereiro de Aguiar,  O Pino e Vigo, serán quenes acollan estas actividades de balde a través dos distintos clubs locais e baixo a supervisación da Federación Galega, organizando sesións para todos aqueles e aquelas interesadas.

Datas, lugares, contactos e inscricións

 

Compartir: