Resultados

O equipo masculino Sub14 do Atletismo Narón logra o Campionato de España

Sen palabras para definir o comportamento esta fin de semana dos integrantes do equipo masculino Sub14 do Club Atletismo Narón quenes se proclamaban Campións de España por equipos, nunha edición na que se medián a un total de vinteoito conxuntos achegados de todos os recunchos do Estado na edición desenvolta no Concello madrileño de Alcobendas.

A este gran e histórico resultado para o atletismo base do conxunto que preside Miguel Soto, contribuiron decisivamente as actuacións acadadas por todos e cada un dos seus integrantes (Martín Barredo, Enrique García, Martín Saavedra, Antón Díaz, Xoan Galego, Mario García, Sergio González e Pedro Moirón) que conseguían sumar un total de 804,5 puntos e lograr o título por diante de formacións tan importantes como as de Trops Cueva de Nerja ou a do conxunto da Deputación de Castellón, segundos e terceiros clasificados respectivamente.

Compre salientar tamén o excelente resultado do equipo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra quen ocupada a sétima posición na categoría masculina e a décimo terceira na feminina. Xunto as pontevedresas, o conxunto feminino do Narón lograba o posto décimo noveno e o Atletismo Millaraio o vixésimo sétimo.

A nivel de resultados individuais compren subliñar as boas actuacións de Antón Díaz do Narón, gañador na proba de marcha e segundo clasificado no lanzamento de xavelina; de Angela Lendoiro do Narón gañadora en peso e de Pedro Moirón do Narón, gañador dos 1.000 m. Tamén foron importantes os segundos postos de Iago Gómez da Gimnástica nos 80 valos e do equipo de remudas dos 4×80 masculinos do Narón.

Parabéns a todos os atletas e aos seus adestradores e adestradoras, verdadeiros protagonistas destes excelentes resultados.

Resumo actuación galega

 

 

Compartir: