Lolo Penas e Patricia Mendes Campións Galegos Absolutos de Cross

Esta mañá disputouse en Ribadavia nun fantástico circuito de campo a través o Campionato Galego Absoluto de campo a través e das categorías junior e promesa. O Concello de Ribadavia volcouse plenamente na organización deste campionato compracendo a todolos asistentes e os perto de 300 participantes que se deron cita neste importante evento deportivo. A climatoloxía respetou aos atletas e, mailo frío reinante nestes días, todos os presentes poideron disfrutar dunha fantástica xornada de campo a través, protagonizada polo gran nivel que ofreceron os fondistas galegos. Ás 11:00 horas dábase a saída á carreira junior feminina, donde Leticia Fernández (OAAP) mostraba a súa superioridade fronte as súas compañeiras de club Yuliana María Velasques e Rocio Carbia Lojo. O Ourense Atletismo Ac. Postal convertíase así no mellor club galego junior feminino de campo a través. Na clasificación masculina, o título iría a parar nos atletas do San Fernando Lucus Caixa Rural, impoñéndose a título individual o atleta militante neste club Iago Dieguez, seguido de Samuel Rodriguez (CSC) e Francisco Gonzalez (San Fernando Lucus). Na carreira promesa, obtivo a medalla de ouro Uxío Abuin (Atletismo Sar) e Esther Navarrete (Atletismo Feminino Celta) , a prata foi para Nicolás Arrojo (SGPO) e Paula Mayore (OAAP) , mentres que o bronce foi parar para as mans de Pablo Noche (SGPO) e Sandra Mosquera (CSC). Na clasificación de clubes, victoria para a Sociedade Gimnástica de Pontevedra (masculino) e o Club Ourense Atletismo Academia Postal (feminino).

Na clasificación absoluta victoria para Lolo Penas e Patricia Mendes. A atleta do Comesaña Sporting Club impuxo un forte ritmo de carreira deixando tras ela a Natalia Raña (RIA) e Esther Navarrete (AFC). Na carreira masculina, Lolo Penas esprintou nos últimos metros, tras impoñer un grupo de 3-4 atletas un forte ritmo de carreira ao longo da mesma, superando finalmente a Gustavo Platas (Y para comer Lugo), segundo clasificado, e a Hassan Lekhili (OAAP), tercer clasificado. Manuel Hurtado remataría na cuarto lugar, levando a medalla de bronce por ser tercer galego. No troncante aos clubes, o Ourense Atletismo Academia Postal remataría na primeira posición na clasificación absoluta, mentres que o Comesaña Sporting Club faría o mesmo na clasificación feminina. Resultados

Compartir: