Resultados

Luís Moro: mellor marca galega de pértega, que situou en 5,43 metros

Non puido comezar mellor o ano 2011 para o atleta Luís Moro. O valdeorrés desenvolveu o fin de semana na cidade francesa de Lyon a súa primeira competición do ano e fíxoo batendo a marca galega de salto con pértega, deixando a marca autonómica en 5,43 metros, tres centímetros máis que a anterior plusmarca que el mesmo posuía

Compartir: