Resultados

Gude, Suárez e Leiro así como o equipo do ADAS CUPA, subiron ao podio en Albacete

Esta fin de semana tivo lugar en Albacete o Campionato de España de ruta da que as nosas e nosos representantes voltaron cun total de catro medallas e sete postos de finalistas

Dous campións e un subcampionato de España no individual e un campionato por equipos.

O más salientable foron os títulos de España logrados polo atleta do Lucus Caixa Rural Juan Gude quen sobre a distancia de media maratón lograba facerse co título máster M55 ao rematar en 1h.11:44. De igual modo tamén lograba o campionato de España sobre esta mesma distancia o máster M65 Manuel Suárez do Veteranos de Samil cun rexistro oficial de 1h.23:10.

O terceiro metal galego era colleitado por Soledad Leiro do SD Compostela que chegaba na segunda posición na F50 cun rexistro de 1h.27:40.

A nivel de clubs, excelente un ano máis o ADAS CUPA logrando o campionato de España na categoría M45-M50 de media maratón masculino grazas ao traballo de Juan Gude (3º), Ricardo Vázquez (8º); Israel Ropero (9º) e Alejandro Pesado (15º)

No resto de actuacións, compre destacar na categoría absoluta a cuarta posición lograda por Eva Piñel do Atletismo Celta sobre a Milla cun crono de 5:02.71 así como a posto de finalista de Hugo García sobre a mesma distancia con 4:16.99. Sen abandoar a categoría absoluta, nos 5K tamén posto de finalista para David de la Fuente da Gimnástica quen invertía 14:42.

Boas actuacións máster

Ademáis das catro medallas logradas polas nosas e nosos máster, salientamos as actuacións colleitadas na media maratón por Ricardo Vázquez do ADAS na M55; José Gómez na M65 do Ourense Atletismo, Pablo Fervenza do Samertolmeu na M70 así como a de Israel Ropero do ADAS CUPA na M45, todos eles finalistas nas súas respectivas categorías.

Compartir: