Campionato Galego Aboluto-Promesa Pista Cuberta

O vindeiro domingo día 23, nas pistas de atletismo da Cidade Deportiva de Riazor na Coruña, celebraranse conxuntamente os Campionatos Galegos Absoluto e Promesa en Pista Cuberta, homes e mulleres. Poden participar todos os atletas galegos con ficha en vigor e que acrediten as marcas mínimas esixidas pola FGA. A competición celebrarase en xornadas de mañá (de 10.30 a 14.00 horas) e tarde (de 16.30 a 19.05).

200 inscricións de atletas
En valos Denis Galán, Carlos Mouro, son os favoritos.
En concursos en altura tomasen parte Ivan Valle, Telmo Beceiro ; en lonxitude, Jean Marie Okutu é o gran favorito; asi como en triplo Afonso Palomanes , Alberto Elena serán os protagonistas da proba. En peso disputaranse o titulo absoluto Victor Galego, Fernando Paredes, David Rocha.
Mulleres
A gran favorita dos 50 metros é Patricia Carballo do Coruña Comarca; Lida Casal, Paula Ferreiros e Alba Lozano compiten en 200. En 400 estarán Laura Garcia, Esperanza Caldas e Korai Bures entre as participantes. Os 800 se preve unha boa carreira con Leticia Fernandez, Iria e Susana Castro na linea de saída. A atleta Leticia Fernández fará dobrete e tomase parte nos 1500 xunto con Sara Rodriguez.
Nos 3000 un bo ramallete de atleta de nivel daranse cita como son Paula Mayobre, Sandra Mosquera, Sara Pérez e Soledad Castro.
Os valos espérase unha forte loita entre Alicia Merino, Sonia Beceiro e Antia Martinez e Enma Valencia.
En altura a gran favorita da proba é a lucense Paula Ferreiros, en lonxitude a mellor marca das participantes posúea Leticia Gil .
Belén Toimil é a favorita para facerse co titulo en peso.
Por ultimo citar a proba de triplo salto que contará co mellor de Galicia e contaremos coa actual mellor marca galega da tempada da celtica Lucia Pérez con 11,71 e a presenza das barbazanas Ana Peleteiro e Iria Delgado e a coruñesa Marta Lolo
Circular NUEVA LISTA DE ATLETAS INSCRITOS NOVO HORARIO

Compartir: