A atleta galega veterana Chus Sanguos vai ser galardonada na vindeira Gala Anual do Atletismo Español como mellor atleta veterana do 2010. O resultado desta elección sae de distintos parámetros, entre eles, o valor das marcas acadadas pola atleta, a votación dos propios veteráns con licencia nacional e a votación dos lectores da revista Atletismo Español. Nesta votación, outra atleta galega, Soledad Castro, tamén estaba entre as máis votadas. Noraboa para ambas atletas por estes importantes resultados.