Resultados

Presentada a IV Milla Urbana Portas de Compostela

No día de hoxe presentouse no Concello de Santiago a IV Milla Urbana Portas de Compostela, unha cita histórica co atletismo santiagués que percorrerá un fantástico circuito homologado e que forma parte do calendario da RFEA.

Na presentación estveron presentes  o presidente da FGA Iván Sanmartín, a Concelleira de deportes Pilar Lueiro, así como o Presidente Club Atletismo Santiago e coordinador da proba, Juan Pablo Fernández. Xunto ás autoridades estivo tamén presente unha das atletas participantes destacadas desta edición, a céltica Eva Piñel.

Importante participación

Na proba que se desenvolverá esta domingo a partires das 10:00 horas,  tomarán parte atletas importantes do panorama galego e estatal á cabeza das cales estará o biolímpico Adrián Ben quen estará acompañado por todo un elenco de atletas galegos entre os cales confirmaron a súa participación Elian Numa. Adrián Lago, David de la Fuente ou Hugo García entre outros.

Por parte feminina poderemos ver como principal atración a participación da olímpica catalana Esther Guerrero, xunto á cal tomarán saída as galegas, Eva Piñel, Isabel Caeiro, Debris e Demeku Paniagua, Sara Guedes ou Sabela Martínez entre outras.

As inscrións seguen abertas ata mañá xoves ás 13.00 horas para as catogorías Milla Popular, Sub18 e Menores.

 

Compartir: