Onte celebrouse a XLIX Gran Premio de Navidad- Carreira do Pavo en Vigo. A proba organizada pola Delegación de Atletismo en Vigo e ca colaboración do Concello de Vigo e El Corte Inglés, acolleu a centos de atletas e gozou dun excelente nivel de participación. A climatoloxía respetou a cidade olívica e fixo resaltar aínda máis a brillante organización do evento. Os perto dun millar de atletas puideron disfrutar dun dia de atletismo popular participando nunha proba na que os seus oríxenes se remontan ao ano 1943. Na carreira absoluta feminina o triunfo foi para nas mans de Joana Costas, seguida de Solange Pereira e Esther Navarrete, atleta do Atletismo Feminino Celta que está a facer un excelente inicio de tempada. Na carreira masculina, salientar o triunfo Marco Morgado, que foi escoltado polo marinense Víctor Riobo e Juan Pablo Fernándes. (Resultados)