Resultados

Os lanzadores galegos compiten en Portugal

Un ano máis, éxodo masivo de atletas galegos cara ao país veciño por Nadal. E é que a pista cuberta montada en Braga para a tempada invernal e o programa de xornadas de lanzamentos de Vila Nova de Cerveira son un atractivo para os atletas que ven a posibilidade de competir nas catro modalidades de lanzamentos.
Na primeira xornada celebrada o sábado 18, destacar a actuación de Pablo Denís, discípulo de José Manuel Hermida que milita nas filas do A. D. Marathon, que lanzou o martelo de 7.260kg a 56.07m, facendo marca persoal e logrando xa a mínima para o Campionato de España promesa ao aire libre a disputar no mes de xullo

Compartir: