San Cibrao das Viñas acolle este domingo a súa IX Carreira Pedestre do Nadal

Un ano máis o Concello de San Cibrao das Viñas organizará a IX Carreira Pedestre do Nadal, evento que reunirán a máis de 300 participantes. Poden participar atletas de todalas categorías dende pitufos ata veteráns. Ás 12:00 horas está prevista a saída da carreira de adultos e nenos. Haberá trofeos para os tres primeiros participantes e un ágape ao rematar a carreira. Tamén entregaránse vales de material deportivo para os primeiros corredores e camiseta para todolos atletas que crucen a liña de meta. Mais información en www.championchipnorte.com

Compartir: