Resultados

París agarda a Adi, Gustavo, Desireé e Susana

No día de hoxe inaugúranse oficialemente os Xogos Paralímpicos París-24 á que acuden en representación de España un total de 150 deportistas, 139 deles con discapacidade aos que se lle suman 11 de apoio para os deportes de atletismo, triathlon e timonel

No que respecta á representación galega en atletismo, estárán tomando parte un total de tres deportistas aos que seumamos, pola súa vinculación co noso deporte, a Susana Rodríguez quen estará tomando parte na Mdalidade de triathlon

Adi Iglesias Forneiro (Malí, 1999)

Categoría T14. Corredores con discapacidade visual

A lucense afronta esta nova cita olímpica ca mente posta posta en reeditar a súa participación en Tokio-22 na que lograna facer historia ao lograr nada menos que as medallas de ouro nos 100 m. e a prata nos 400 m. converténdose en todo un referente tanto autonómico como estatal. Este ano proclamábase campioa mundial dos 200 m. e subcampioa nos 100 m. (suma un total de dous ouros e dúas pratas mundialistas e dous ouros europeos), e aspira a seguir facendo historia nas probas dos 100 m. e dos 400 m.

Adi, compite habitualmente nos campionatos Xunta de Galicia tanto de aire libre como de pista curta  absolutos dos que pode presumir de ser campioa galega en nada menos que en nove ocasións posuindo de igual modo o récord galegos absoluto dos  200 m. con 24.14.

Gustavo Nieves Campello (Vilalba, 1982).

Categoría T12. Corredores con discapacidade visual

Nada menos que os sextos xogos paralímpicos serán os que afronte Gustavo Nives

O vigués de residencia, competirá na proba de maratón por terceira vez na procura dun dos poucos trofeos que lle faltan a súa dilatada e exitosa traxectoria deportiva.

Nun ano marcado polos multiples problemas fisicos e incontables infortunios, Gustavo acude con moita motivación e gañas de competir

Desireé Vila Bargiela. (Gondomar, 1998)

T63. Corredaoras cun movemento moderadamente limitado dunha perna, ou ausencia dela (por enriba do seonllo)

Sendo unha prometedora ximnasta acrobática, unha neglixencia médica orixinou a Desiré Vila a amputación dunha das súas pernas. Desde entón a loita, a superación e a constancia marcan a vida desta atleta.

A participación en Paris-24 supón a súa segunda cita paralímpica logo dos Xogos de Tokio onde chegou ser diploma. Tomará parte no salto de lonxitude da que pretende estar nos postos importantes como xa fixera nos pasados Campionatos de Europa de Bydgoszcz do 2021 nos que foi medalla de bronce.

Susana Rodríguez Gaggio. (Vigo, 1988) Triatlón

Categoría PTVI. Deportistas cegas ou con discapacidade visual.

Guía: Sara Pérez

Malia que tomará parte na proba de triatlón en París-24, os comezos deportivos de Susana foron en atletismo onde chegou a ser campioa do mundo dos 100 e dos 400 m. logrando ademáis a mínina de participación para os Xogos de Pekín. Malia elo, e de maneira incomprensible, non foi motivo dabondo para a súa selección o que motivou que, desencantada, probara co triatlón de onde chegaron os maiores éxitos da súa carreira deporiva

Practicamente nada podemos decir a estas alturas dunha das máis importantes deportistas galegas, cinco títulos mundiais, catro europeos, e un total de 56 medallas internacionais que a converten na máis importante deportista da súa categoría PTVI. A maiores, a súa resilencia e enorme capacidade de superación, leváronna a rematar os seus estudos de mediciña acaparando por todo elo un amplo recoñecemento tanto dentro como fora das pistas.

¡¡¡Moita sorte a tod@s!!!

Compartir: