A Universidad Católica San Antonio de Murcia organizará os vindeiros días 16 e 18 de decembro o I Congreso Internacional de Atletismo. No acto, que pretende congregar a centos de técnicos de atletismo do territorio nacional e internacional, impartirá unha conferencia o Presidente da Federación Galega de Atletismo e docente da Universidade de A Coruña, o Prof. Dr. Isidoro Hornillos abrirá o programa de conferencias maxistrais cunha ponencia sobre o adestramento da capacidade acelerativa en deportes de equipo. Estarán tamén presentes representantes da Federación Portuguesa de atletismo e profesores da Universidade de Ilinois (Chicago), ademais de recoñecidos técnicos da Real Federación Española de Atletismo. (Mais información) (Web del evento)