4 atletas galegas seleccionadas para o Campionato de Europa de campo a través

A Real Federación Española de Atletismo publicou hoxe na Circular 224-2010 o listado de homes e mulleres que integrarán á Selección Española no vindeiro Campionato de Europa de Campo a Través a celebrar en Albufeira o 12 de decembro. Neste selecto grupo de atletas están presentes 4 galegas, Alessandra Aguilar participará co equipo absoluto e Sandra Mosquera, Paula Mayobre e Esther Navarrete (todas con licencia pola FGA) participarán co equipo promesa. Para viaxar ca expedición foron convidados por parte da RFEA dous adestradores galegos, Alfonso Ortega e Manuel Vigo. Noraboa para todos eles e desexamos o mellor para esta importante competición! (Selección Española)

Compartir: