Este sábado tivo lugar en Santiago de Compostela a elección dos membros da Comisión Delegada da FGA. A composición final desta comisión é a seguinte: Polo estamento de clubes estarán presentes: O Ría de Ferrol, o Ourense Atletismo Academia Postal, a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, o Atletismo Sierra Narón, o San Fernando Lucus e o ADAS. Polo estamento de atletas: saíron elexidos: Jorge Silva e Martín Brea. Polo estamento de adestradores: Javier Medrano e polo estamento de xuíces Raúl Bretal. Mañá rematará o prazo de reclamacións e o xoves día 2 a Xunta Electoral resolvará as posibles reclamacións existentes.