A 2 meses vista do Campionato do Mundo IPC de Nova
Zelandia, o IPC fixo público os Rankings Mundiais
do 2010 e Marcas Universais das distintas categorías, e o atleta Pontevedrés, GUSTAVO NIEVES – SGP – (Nacido en Villalba pero desde os 5 anos vive Vigo), e que desde fai 3 anos trasladouse a
adestrar no CGTD ás ordes de Pablo Díaz, aparece como líder Mundial do 2010, das probas de 5.000ml e 10.000ml, sendo esta última a Marca do mundo categoría T-12 homologado. Esta marca foi realizada
durante o transcurso do Cto. España Absoluto de 10.000ml en Cáceres. Curiosamente, a marca que lle fai estar 1º do Ranking mundial 2010, 14.21.51 realizado en Basauri, é inferior á Marca Mundial do
kenyano Henry Kirwa de 14.24.02 de Pequín 2008, pero de momento, a homologación non foi efectiva e soamente está recoñecido como Marca Europea.
Afronta así, Gustavo, a recta final da preparación da cita Mundialista, con gran confianza no seu traballo destes anos, e preparándose para a dobre participación en Nova Zelandia en 5.000ml e
10.000ml, entre Pontevedra e as concentracións do equipo nacional en Punta Umbría, e Canarias en Nadal. O día 10 de xaneiro de 2011 viaxará a espedición española rumbo a Oceanía