Un total de trinta e catro atletas desprazanse esta fin de semana a Burgos para tomar parte no Campionato de España Sub23.
Opcións de varios metais
Na relación destaca a participación da internacional e campioa de España Indoor en peso Xiana Lago do Ría Ferrol quen acude ca terceira mellor marca das consursantes de 13.62 m.
O plusmarquista absoluto dos 110 valos e subcampión de España Sub23 indoor Hugo Vázquez do Marineda At., tamén acude co obxectivo de loitar polo título que presumiblemente estará por debiaxo dos 14 segundos.
A maiores, especial atención a presencia de Jorge Román Leiros do Celta nos 400 m. que este ano xa corría en 46.47 que o sitúan moi preto tanto das medallla como do mítico récord galego de 46.24.
No martelo o subcampión nacional do ano pasado Eric Méndez da Real Sociedad, acude ca terceira mellor marca disposto a repetir presencia no podio. Pola súa banda Paula Piñón do At. San Sebastían, será a nosa representante nun concurso de peso e xavelina na que aspira as posicións importantes grazas a os seus 46.38 m.
As distancias de fondo estarán presentes as internacionais Isabel Caeiro da Gimnástica de Pontevedra, debutante nesta categoría na proba dos 3.000 obstáculos m. e a ourensá Antía Castro a quen veremos tomando parte ca quinta mellor marca sobre a proba dos 5.000 m.
A maiores esteremos tamén moi pendentes do que poidan facer entre outros e outras Samuel Lema do At. Negreira en peso, Nicolás Ortega do At. Sada en disco, Ismael Díaz do Marineda At. en 10.000 marcha, Nerea Fernández do ADAS CUPA en pértega, Victoria Eiríz da Gimnástica en martelo e María Ezquerro do Celta Femininino en xavelina, todas con serias opcións a estar nos postos impoirantes das súas probas.