A Xunta Electoral da Federación Galega de Atletismo, unha vez detectado un erro de forma no procedemento de votación na circunscrición electoral de Vigo, tomou a
decisión de repetir as eleccións a membros da Asemblea Xeral polo estamento de Xuíces na citada mesa, o vindeiro mércores 17 de novembro de 2010, dende as 19,00 ata as 22,00 horas. As eleccións
realizaranse na Casa do Deporte. Rúa Fotógrafo Luís Kasado 17 (Vigo). Os electores NON poden delegar a sua representación e deberán presentar aos membros da Mesa Electoral “documento acreditativo
da súa personalidade (DNI, pasaporte, tarxeta de residencia ou permiso de conducir con fotografía do titular.) Artigo 13 do Regulamento Electoral aprobado póla Asemblea Xeral da FGA, en
requirimento da Orde do 8 de setembro de 2010, publicada no DOG número 174 do xoves, 9 de setembro de 2010, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e
Xustiza da Xunta de Galicia. Resolución Recurso