Resultados

A Federación Galega de Atletismo sitúase entre as 7 mellores federacións de España

A RFEA deu a coñecer hoxe aos medios de comunicación a clasificación das federacións autonómicas de atletismo seguindo uns criterios establecidos pola propia RFEA en base aos resultados acadados en distintos campionatos celebrados na pasada tempada. A táboa a encabeza a federación catalana cun total de 2.669 puntos, seguida da federación andaluza 1.387 puntos e a Comunidade Valenciana con 1.303. Galicia sitúase na 7ª posición con 664 puntos a tan só 45 puntos da federación vasca. Por detrás dela atópanse as seguintes federacións, Asturias, Castilla La Mancha, Aragón, Cantabria, Canarias, Navarra, Extremadura, Murcia, Baleares, La Rioja, Melilla e Ceuta.

Compartir: