Resultados

O Concello de Muras protagonista esta fin de semana do Trail Running

O Concello de Muras da acollida este domindo o I Campionato Xunta de Galicia de maratón de Trail Running que se desenvolverá conxuntamente xunto ao VII  Trail das Bestas

Importante presenza de participantes

En canto a participación de atletas no autonómico de maratón, destacamos ao actual líder do ranking da modalidade Moncho Muiños do At. Sada, quen defenderá un moi disputado liderato e na que reaparece en competición Roberto Tuñas, membro da selección galega 2022 e 2023.

A tamen actual líder do ranking classic, e integrante da Selección Galega María Martínez  do At. Porriño,  estará debutando por vez primeira nesta dura modalidade. Outa das importantes debutantes o domingo será a segunda clasificada por ranking, a focense do Ría de Foz Carla Trillo.

Nos 27K, importante presenza de medallistas de España e de integrantes da Selección Galega entre os que se atopan o subcampión de España de carreiras de montaña M50 e bronce en vertical 2024 Emilio Montilla do Biosbardo;  o bronce Sub23 por coa Selección Galega de Trail 2024 Martín Barreiro do At.Narón ou mesmo Tamara García do Biosbardo, quen se sitúa na quinta posición do ranking .

Nos 12K. salientamos de igual modo a participación do terceiro clasificado no ranking Sub18 Roi Mourón, e na que xunto el, estarán as integrates da Selección Galega Julia Salvado na categoría Sub20 e Sabela Tuñas na Sub18.

Para rematar, destacamos o importante número de corredores locais que tomarán parte este domingo no Trail das Bestas o que pon de manifesto a pegada que está a ter esta proba no Concello de Muras.

As probas darán comezo o domingo ás 8:00 horas para o Campionato Galego de maratón;  09.30 horas para a saída dos 27K e as 10.15 horas para a dos 12K.

Normativa campionato Galego

Normativa Trais das Bestas

 

Compartir: