Resultados

Rematado xa o prazo de votación nas mesas electorais de Pontevedra e Vigo

Unha vez pechadas as mesas electorais de Pontevedra e Vigo, publicáse provisionalmente o seguinte resultado das votacións a representantes de adestradores e xuices pola provincia de Pontevedra na Asemblea Xeral da FGA. Polo estamento de adestradores o resultado foi o seguinte: Javier de Medrano 6 votos e Hipólito Sousa 5 votos. Mentres que polo estamento de xuíces Eleuterio García acadou 30 votos, Raúl Bretal 27 votos e Juan Ramón 5 votos. Nesta semana, unha vez rematado o prazo de reclamacións e publicacións provisionais dos candidatos á asemblea xeral, coñecerase xa o listado de compoñentes definitivos da Asemblea para os vindeiros 4 anos.

Compartir: